TURISMO CULTURAL E NATUREZA

5 días / 4 noites - desde 340€

Descobre os máis belos lugares da Rexión do Limia e goza da contorna, a paisaxe, a gastronomía e de cada experiencia que vivirás con este itinerario

Día 1.- Orixe-Lobios: Saída desde orixe dirección Lobios, breves paradas no roteiro. Chegada ao hotel e xantar. Pola tarde, dirixirémonos cara a Rairiz de Veiga para visitar as “Veigas de Ponteliñares”, incluídas na Rede Natura 2000 e catalogada como zona especial de conservación (ZEC) e o monumento natural “Carballa da Rocha”, declarado monumento natural no 2007. Regreso ao hotel, cea e aloxamento.

Día 2.- Porqueira – Aquis Querquennis – Santa Comba de Bande – Olelas:almorzo e saída para realizar un paseo con guía pola zona da “Torre da Forxa” (Porqueira) ata a “fervenza” do Fírbeda. Posteriormente, continuaremos ata Aquis Querquennis onde realizaremos unha visita guiada polo campamento militar, un dos máis importantes escavados na Península Ibérica, a mansión Viaria (pousada de viaxeiros) e as termas. Seguidamente achegarémonos ao Centro de Interpretación Aquae Querquennae – Vía Nova. Ao rematar, visitaremos a igrexa visigótica de Santa Comba de Bande. Xantar en restaurante. Pola tarde, visitaremos unha granxa de cachenas de Olelas, unha das vacas máis pequenas do mundo con gran cornamenta. Ademais, realizaremos un roteiro a pé de baixa dificultade, desde a Reserva Fluvial do Río Laboreiro ata o miradoiro das “Pozas do Mallón”. Regreso ao hotel, cea e aloxamento.

Día 3.- Vía romana – “Casa da Escusalla” – Arcos de Valdevez: almorzo e saída para coñecer a vía romana na zona portuguesa do Gerês, que atravesa o bosque da “Mata da Albergaría”, e onde poderemos contemplar o río e as súas fervenzas, e que ademais nos permitirá coñecer a técnica construtiva empregada polos enxeñeiros romanos mentres descubrimos marabillosos enclaves naturais. A continuación, desde o autobús contemplaremos a “Casa da Escusalla”, construción barroca de grosos muros. Xantar en restaurante. Pola tarde, saída cara a Portugal, para realizar a visita guiada de Arcos de Valdevez, lugar crave na historia de España e Portugal e para a consagración do reino de Portugal, percorrendo os lugares máis emblemáticos da localidade como o cruceiro do “Senhor dos Milagres”, a “Igreja da Lapa”, así como a escultura do cabalo que conmemora a batalla do Reencontro de Valdevez. Chegada ao hotel de Portugal, cea e aloxamento.

Día 4.- Ponte de Lima- Viana do Castelo: almorzo e saída cara a Ponte de Lima para realizar visita con guía oficial da vila máis antiga de Portugal con lendas ancestrais e a cuxa beleza natural, súmanse fachadas góticas, manieristas, barrocas, neoclásicas e do século XIX, dando un gran valor histórico, cultural e arquitectónico á cidade. Accederemos ao Centro de Interpretación do Territorio (entrada incluída) onde descubriremos prácticas agrícolas ancestrais, tradicións únicas e testemuños únicos. Posteriormente, realizaremos unha visita guiada ao Centro de Interpretación da Historia Militar (visita incluída) para coñecer os principais episodios históricos militares acontecidos nesta vila histórica e os seus arredores; ademais de contemplar a evolución do armamento e a indumentaria. Xantar en restaurante. Pola tarde, dirixirémonos ata Viana do Castelo, localidade do norte de Portugal con gran unión ao mar tanto pola súa participación nos descubrimentos portugueses como pola pesca do bacallau. Realizaremos unha visita con guía oficial contemplando os seus palacios con brasóns, igrexas e conventos, chafarices e manantiais. Coñeceremos a “Praça da República” onde contemplaremos o edificio da Misericordia, o chafariz, así como a antiga Casa do concello. Posteriormente, accederemos ao Santuario do Sagrado Corazón de Jesús de Santa Luzia e a Citânia de Santa Luzia (entrada incluída) e visitaremos o navío Gil Eannes (entrada incluída), buque hospital construído no ano 1955 e que apoiou á frota do bacallau portuguesa. Chegada ao hotel, cea e aloxamento.

Día 5.- Portugal- orixe: almorzo. Saída cara a lugar de orixe realizando breves paradas no roteiro (xantar por conta do cliente). Chegada a orixe e fin dos nosos servizos.

O paquete inclúe:

  • Autocar durante todo o percorrido
  • Guía acompañante en destino e durante todo o percorrido
  • 2 noites en hotel 3* / 4* na Rexión do Limia zona Ourense
  • 2 noites en hotel 3* / 4* na Rexión do Limia zona Portugal
  • 3 xantares en restaurante
  • Visita “Veigas de Ponteliñares” e monumento natural “Carballa da Rocha”
  • Roteiro a pé “Torre da Forxa”
  • Visita Aquis Querquennis
  • Visita ao Centro de Interpretación Aquae Querquennae – Vía Nova
  • Visita granxa de cachenas de Olelas
  • “Casa da Escusalla”
  • Visita Arcos de Valdevez con guía
    oficial
  • Visita Ponte de Lima con guía oficial
  • Entrada Centro de Interpretación do Territorio
  • Visita Centro de Interpretación da Historia Militar
  • Visita Viana do Castelo con guía oficial
  • Visita ao Santuario do Sagrado Corazón de Jesús de Santa Luzia e a Citânia de Santa Luzia
  • Entrada navío Gil Eannes

SOLICITA ESTE CIRCUITO

¿Queres contratar este circuíto? Contacta connosco e informarémosche sen compromiso.

Scroll ao inicio