Turismo cultural, saúde e benestar

5 días / 4 noites - desde 355€

Abráiate co paraíso natural e o patrimonio cultural da Rexión do Limia. Descobre a riqueza cultural deste territorio transfronteirizo entre Galicia e o Norte de Portugal.

Día 1.- Orixe – Ponte de Lima – Arcos de Valdevez: saída desde orixe dirección Ponte de Lima, breves paradas no roteiro. Chegada ao hotel e xantar. Pola tarde, realizaremos unha visita guiada por Arcos de Valdevez, lugar crave na historia de España e Portugal e para a consagración do reino de Portugal, percorrendo os lugares máis emblemáticos da localidade como o cruceiro do “Senhor dos Milagres”, a “Igreja da Lapa”, así como a escultura do cabalo que conmemora a batalla do Reencontro de Valdevez. Chegada ao hotel, cea e aloxamento.

Día 2.- Viana Do Castelo: almorzo e saída para visitar Viana do Castelo, localidade do norte de Portugal con gran unión ao mar tanto pola súa participación nos descubrimentos portugueses como pola pesca do bacallau. Realizaremos unha visita con guía oficial contemplando os seus palacios con brasóns, igrexas e conventos, chafarices e manantiais. Coñeceremos a “Praça da República” onde contemplaremos o edificio da Misericordia, o chafariz, así como a antiga Casa do concello. Posteriormente, accederemos á Santuario do Sacro Corazón de Jesús de Santa Luzia e visitaremos o navío Gil Eannes (entrada incluída), buque hospital construído no 1955 e que apoiou á frota do bacallau portuguesa. Xantar típico en restaurante con degustación de pratos típicos da gastronomía portuguesa. Tarde libre para gozar da cidade. Regreso ao hotel, cea e aloxamento.

Día 3.- Ponte de Lima – “Casa da Escusalla”- Portela do Homem: almorzo e saída para visitar Ponte de Lima, a vila máis antiga de Portugal con lendas ancestrais e a cuxa beleza natural, súmanse fachadas góticas, manieristas, barrocas, neoclásicas e do século XIX, dando un gran valor histórico, cultural e arquitectónico á cidade. Accederemos ao Centro de Interpretación do Territorio (entrada incluída) onde descubriremos prácticas agrícolas ancestrais, tradicións únicas e testemuños únicos. Posteriormente, realizaremos unha visita guiada ao Centro de Interpretación da Historia Militar (visita incluída) para coñecer os principais episodios históricos militares acontecidos nesta vila histórica e os seus arredores; ademais de contemplar a evolución do armamento e a indumentaria. A continuación, coñeceremos o Castelo de Lindoso e os seus “espigueiros” (visita incluída). Xantar en restaurante e saída cara a Galicia para visitar a “Casa da Escusalla”, construción barroca de grosos muros e pasearemos pola fronteira de Portela do Homem, coñecendo a vía romana e o bosque “Mata da Albergaría”. A continuación visitaremos as termas en Río Caldo de auga mineromedicinal e para rematar, dirixirémonos ata o balneario onde accederemos ás piscinas de auga mineromedicinal (incluído). Chegada ao hotel de Galicia, cea e aloxamento.

Día 4.- Bande- Aquis Querquennis- Vilar de Santos: almorzo e saída para visitar a igrexa visigótica de Santa Comba de Bande. Trátase da igrexa visigótica máis antiga de Galicia e o primeiro edificio da provincia de Ourense declarado Monumento Nacional. Foi construída no século VII e no seu interior atópase o sepulcro de mármore de San Torcuato, un dos primeiros discípulos do Apóstolo Santiago. A continuación, visita guiada á zona arqueolóxica Aquis Querquennis (visita incluída), onde observaremos o campamento militar, un dos máis importantes escavados na Península Ibérica, a mansión Viaria (pousada de viaxeiros) e a continuación tempo libre para gozar das termas de auga mineromedicinal. Posteriormente achegarémonos ao Centro de Interpretación Aquae Querquennae – Vía Nova. Xantar en restaurante. Pola tarde, daremos un paseo guiado por Vilar de Santos e visitaremos o “Museo Etnográfico da Limia” (entrada incluída), instalado na antiga casa reitoral da parroquia e onde se mostran aspectos importantes da vida tradicional da localidade e o medio rural. Regreso ao hotel, cea e aloxamento.

Día 5.- Ourense- orixe: almorzo. Saída cara ao lugar de orixe realizando breves paradas no roteiro (xantar por conta do cliente). Chegada a orixe e fin dos nosos servizos.

O paquete inclúe:

  • Autocar durante todo o percorrido
  • Guía acompañante en destino e durante todo o percorrido
  • 2 noites en hotel 3* / 4* na Rexión do Limia zona Ourense
  • 2 noites en hotel 3* / 4* na Rexión do Limia zona Portugal
  • 3 xantares en restaurante
  • Visita Arcos de Valdevez con guía oficial
  • Visita Ponte de Lima con guía oficial
  • Visita Viana do Castelo con guía oficial
  • Visita Santuario do Sagrado Corazón de Jesús de Santa Luzia
  • Visita navío Gil Eannes
  • Entrada Centro de Interpretación do Territorio
  • Visita Centro de Interpretación da Historia Militar
  • Visita Castelo de Lindoso
  • Visita da “Casa da Escusalla”
  • Acceso piscinas de auga mineromedicinal
  • Visita Igresia Santa Comba de Bande
  • Visita Aquis Querquennis
  • Visita ao Centro de Interpretación Aquae Querquennae – Vía Nova
  • Paseo guiado Vilar de Santos
  • Entrada “Museo Etnográfico da Limia”

SOLICITA ESTE CIRCUITO

¿Queres contratar este circuíto? Contacta connosco e informarémosche sen compromiso.

Scroll ao inicio