Turismo gastronómico e cultural
5 días / 4 noites - desde 395€
Todo nesta comarca está marcado pola súa condición de territorio transfronteirizo entre Galicia e Portugal: a historia, a lingua, a cultura e, por suposto, a gastronomía, xa que nela entrelázanse influencias de ámbolos dous lados da fronteira.
Día 1.- Orixe – Lobios: Saída desde orixe dirección Lobios, breves paradas no roteiro. Chegada ao hotel. Xantar típico en restaurante con pratos tradicionais. Pola tarde, visitaremos a “Casa da Escusalla” e a vila de Lindoso, situada na fronteira entre España e Portugal e desde cuxo castelo obteremos unhas fantásticas vistas das serras de O Xurés e da Peneda-Gerês. Regreso ao hotel, cea e aloxamento.

Día 2.- A Cela- Puxedo- Entrimo: almorzo e saída cara a A Cela, conxunto arquitectónico e posible lugar de nacemento de San Rosendo, fundador do Mosteiro de Celanova e única pola disposición das súas casas entre enormes birlos de granito. A continuación, coñeceremos Puxedo con guía oficial visitando as diferentes aulas etnográficas e unha empresa local de embutidos. Xantar típico en restaurante. Pola tarde, realizaremos un paseo fluvial con guía polo río Pacín onde contemplaremos a “fervenza do Pozo Caído”. Regreso ao hotel, cea e aloxamento.
Día 3.- Vilar de Santos – Aquis Querquennis- Arcos de Valdevez: almorzo e saída cara a Vilar de Santos para visitar a empresa local “Carabuñas” e a zona onde teñen plantados os sabugueiros cos que elaboran produtos ecolóxicos e artesanais. A continuación, dirixirémonos ata Bande para visitar o Aquis Querquennis, onde realizaremos unha visita guiada polo campamento militar, un dos máis importantes escavados na Península Ibérica, a mansión Viaria (pousada de viaxeiros) e as termas. Seguidamente achegarémonos ao Centro de Interpretación Aquae Querquennae – Vía Nova. Xantar en restaurante. Saída cara a Portugal para realizar unha visita guiada por Arcos de Valdevez, lugar crave na historia de España e Portugal e para a consagración do reino de Portugal, percorrendo os lugares máis emblemáticos da localidade como o cruceiro do “Senhor dos Milagres”, a “Igreja da Lapa”, así como a escultura do cabalo que conmemora a batalla do Reencontro de Valdevez. Chegada ao hotel de Viana do Castelo, cea e aloxamento.

Día 4.- Viana Do Castelo: almorzo e saída para visitar Viana do Castelo, localidade do norte de Portugal con gran unión ao mar tanto pola súa participación nos descubrimentos portugueses como pola pesca do bacallau. Realizaremos unha visita con guía oficial contemplando os seus palacios con brasóns, igrexas e conventos, chafarices e manantiais. Coñeceremos a “Praça da República” onde contemplaremos o edificio da Misericordia, o chafariz, así como a antiga Casa do concello. Posteriormente, accederemos ao Santuario do Sagrado Corazón de Jesús de Santa Luzia (entrada incluída) e visitaremos o navío Gil Eannes (entrada incluída), buque hospital construído no ano 1955 e que apoiou á frota do bacallau portuguesa. Xantar típico en restaurante con degustación de pratos típicos da gastronomía portuguesa. Tarde libre para gozar da cidade. Regreso ao hotel, cea e aloxamento.
Día 5.- Portugal- orixe: almorzo. Saída cara ao lugar de orixe realizando breves paradas no roteiro (xantar por conta do cliente). Chegada a orixe e fin dos nosos servizos.
O paquete inclúe:
- Autocar durante todo o percorrido
- Guía acompañante en destino e durante todo o percorrido
- 2 noites en hotel 3* / 4* na Rexión do Limia zona Ourense
- 2 noites en hotel 3* / 4* na Rexión do Limia zona Portugal
- 4 xantares en restaurante
- Visita “Casa da Escusalla”
- Visita Lindoso con guía oficial
- Visita Puxedo e A Cela con guía oficial
- Visita fábrica de embutidos
- Paseo fluvial con guía polo río Pacín
- Visita Aquis Querquennis
- Visita ao Centro de Interpretación Aquae Querquennae – Vía Nova
- Visita Arcos de Valdevez con guía oficial
- Visita Viana do Castelo con guía oficial
- Visita do Santuario do Sagrado Corazón de Jesús de Santa Luzia
- Visita navío Gil Eannes
Ligazóns de interese:
SOLICITA ESTE CIRCUITO
¿Queres contratar este circuíto? Contacta connosco e informarémosche sen compromiso.