Turismo gastronómico e enoturismo

5 días / 4 noites - desde 399€

Descobre a historia, as tradicións e a gastronomía da Rexión do Limia.

Día 1 Orixe-Vilar de Santos: Saída de orixe cara a Lobios, breves paradas no roteiro. Chegada ao hotel e xantar. Pola tarde, saída cara a Vilar de Santos para visitar o “Museo Etnográfico da Limia” (entrada incluída), instalado na antiga casa reitoral da parroquia e onde se mostran aspectos importantes da vida tradicional da localidade e o medio rural. A continuación, visitaremos “Carabuñas”, unha empresa local de produtos ecolóxicos e artesanais. Cea en restaurante típico. Chegada ao hotel e aloxamento.

Día 2.- Olelas – Lobios – Puxedo- A Cela: almorzo e saída para visitar a granxa de cachenas de Olelas, unha das vacas máis pequenas do mundo con gran cornamenta. A continuación, realizaremos un roteiro de sendeirismo cun guía especializado pola Reserva do Río Laboreiro, ata o miradoiro das “Pozas do Mallón”. Xantar nun restaurante con degustación de Cachena ou especialidades de caza. Pola tarde, realizaremos unha visita con guía oficial á aldea de Puxedo, realizando un paseo cultural e visitando unha fábrica de embutidos tradicionais, así como a aldea de A Cela, única pola disposición das súas casas entre entre enormes birlos de granito. Regreso ao hotel, cea e aloxamento.

Día 3.- Bande – Aquis Querquennis – Entrimo:almorzo e saída para visitar a igrexa visigótica de Santa Comba de Bande. Trátase da igrexa visigótica máis antiga de Galicia e o primeiro edificio da provincia de Ourense declarado Monumento Nacional. Foi construída no século VII e no seu interior atópase o sepulcro de mármore de San Torcuato, un dos primeiros discípulos do Apóstolo Santiago. A continuación, visita guiada á zona arqueolóxica Aquis Querquennis (visita incluída), onde observaremos o campamento militar, un dos máis importantes escavados na Península Ibérica, a mansión Viaria (pousada de viaxeiros) e as termas. Seguidamente achegarémonos ao Centro de Interpretación Aquae Querquennae – Vía Nova. Xantar en restaurante. Pola tarde, continuaremos ata Entrimo para coñecer a súa Igrexa de Santa María La Real e onde visitaremos unha queixería tradicional e artesanal. Saída cara ao hotel de Ponte de Lima. Chegada ao hotel, cea e aloxamento.

Día 4.- Ponte de Lima: almorzo e saída para realizar visita con guía oficial en Ponte de Lima, a vila máis antiga de Portugal con lendas ancestrais e a cuxa beleza natural, súmanse fachadas góticas, manieristas, barrocas, neoclásicas e do século XIX, dando un gran valor histórico, cultural e arquitectónico á cidade. Accederemos ao Centro de Interpretación do Territorio (entrada incluída) onde descubriremos prácticas agrícolas ancestrais, tradicións únicas e testemuños únicos. Posteriormente, realizaremos unha visita guiada ao Centro de Interpretación da Historia Militar (visita incluída) para coñecer os principais episodios históricos militares acontecidos nesta vila histórica e os seus arredores; ademais de contemplar a evolución do armamento e a indumentaria. Xantar en restaurante. Pola tarde, realizaremos a visita ao Centro de Interpretación e Promoción do “Vinho Verde” instalado nun inmoble catalogado como de Interese Público -“Casa Torreada dos Barbosa Aranha”- no Centro Histórico de Ponte de Lima, e que ten como obxectivo contribuír á promoción do “Vinho Verde” mediante a investigación e difusión do seu lastre. Seguidamente realizaremos unha visita guiada a unha adega con cata de viños verdes e espumosos. Regreso ao hotel, cea e aloxamento.

Día 5.- Portugal – orixe: almorzo. Saída cara ao lugar de orixe realizando breves paradas no roteiro (xantar por conta do cliente). Chegada a orixe e fin dos nosos servizos.

O paquete inclúe:

  • Autocar durante todo o percorrido
  • Guía acompañante en destino e
    durante todo o percorrido
  • 3 noites en hotel 3* / 4* na Rexión do Limia zona Ourense
  • 1 noite en hotel 3* / 4* na Rexión do Limia zona Portugal
  • 3 xantares en restaurante
  • Entrada “Museo Etnográfico da Limia”
  • Visita “Carabuñas” e plantacións de sabugueiro
  • Visita granxa de cachenas de Olelas
  • Roteiro de sendeirismo Reserva
  • Fluvial do Río Laboreiro con guía especializado
  • Visita aldea de Puxedo e A Cela con guía oficial
  • Visita fábrica de embutidos tradicionais
  • Visita Santa Comba de Bande
  • Visita Aquis Querquennis
  • Visita ao Centro de Interpretación Aquae Querquennae – Vía Nova
  • Visita queixería Entrimo
  • Visita Ponte de Lima con guía oficial
  • Entrada Centro de Interpretación do Territorio
  • Visita Centro de Interpretación da Historia Militar
  • Visita ao Centro de Interpretación e Promoción do “Vinho Verde”
  • Visita adega con cata de viños verdes e espumosos

SOLICITA ESTE CIRCUITO

¿Queres contratar este circuíto? Contacta connosco e informarémosche sen compromiso.

Scroll ao inicio