SOBRE A REXIÓN


A Rexión do Limia
A Rexión do Limia é un territorio transfronteirizo que flúe entre Galicia e o Norte de Portugal ao longo do río Limia- Lima, percorrendo as comarcas da Limia e Baixa Limia ata a súa desembocadura en Viana do Castelo.
Poderemos gozar de belas paisaxes con variedade de ecosistemas, restos arqueolóxicos, grandes tradicións e un rico patrimonio que che abraiará. Parte deste territorio atópase dentro da Reserva da Biosfera Transfronteiriza Gerês-Xurés (RBTGX), unha das maiores reservas transfronteirizas da Unión Europea, formada polo Parque Natural Baixa Limia-Serra do Xurés (Galicia) e o Parque Nacional da Peneda-Gerês (Portugal).
A Rexión do Limia ten moito que che ofrecer, ven e vívea.
PREGÚNTANOS
¿Tes algunha dúbida? Contacta connosco e resolveremos todas as túas dúbidas sobre esta marabillosa rexión.