Turismo Deporte e Aventura

5 días / 4 noites - desde 410€

Percorre algúns dos lugares máis asombrosos da rexión do Limia e descobre todo o que pode ofrecer: paisaxes, restos arqueolóxicos, gastronomía…

Día 1.- Orixe – Lobios: Saída desde orixe dirección Lobios, breves paradas no roteiro. Chegada ao hotel e xantar típico. Pola tarde, realizaremos un roteiro a cabalo por Lobios con guía especializado para gozar da contorna. Regreso ao hotel, cea e aloxamento.

Día 2.- Olelas- Lobios- Muíños: almorzo e saída para visitar a granxa de cachenas de Olelas, unha das vacas máis pequenas do mundo con gran cornamenta. A continuación, realizaremos un roteiro de sendeirismo con guía especializado pola Reserva Fluvial do Río Laboreiro, ata o miradoiro das “Pozas do Mallón”. Xantar en restaurante. Pola tarde, realizaremos o Roteiro do megalitismo do Val do Salas en bicicleta. Regreso ao hotel, cea e aloxamento.

Día 3. O Corgo – Aquis Querquennis – Porqueira: almorzo e saída cara a O Corgo para gozar dunha roteiro en Kaiak con guía especializado cruzando o río Limia ata o Aquis Querquennis onde realizaremos unha visita guiada polo campamento militar, un dos máis importantes escavados na Península Ibérica, a mansión Viaria (pousada de viaxeiros) e as termas. Seguidamente achegarémonos ao Centro de Interpretación Aquae Querquennae – Vía Nova. Xantar en restaurante. Pola tarde, daremos un paseo con guía pola zona da “Torre da Forxa” (Porqueira) ata a “fervenza” do Fírbeda. Á hora acordada, saída cara ao hotel en Portugal. Chegada, cea e aloxamento.

Día 4. Ponte de Lima- Lindoso: almorzo e saída para realizar visita con guía oficial de Ponte de Lima, a vila máis antiga de Portugal con lendas ancestrais e a cuxa beleza natural, súmanse fachadas góticas, manieristas, barrocas, neoclásicas e do século XIX, dando un gran valor histórico, cultural e arquitectónico á cidade. Seguidamente dirixirémonos a un centro de aventuras para realizar un circuíto de pontes nas árbores unha experiencia inigualable ao aire libre, onde gozar da contorna, mentres superamos os obstáculos nas plataformas instaladas nas copas das árbores. Xantar con produtos típicos en restaurante. Pola tarde, realizaremos un roteiro en bicicleta con guía especializado a través da ecovía. Comezaremos xunto á “Igreja de Santo António da Torre Velha”, á beira da ponte romana e continuaremos o noso percorrido pola beira do río Lima gozando da fauna e flora deste ecosistema. A continuación, dirixirémonos cara a Lindoso para realizar unha visita guiada ao castelo e os “espigueiros”. Chegada ao hotel, cea e aloxamento.

Día 5.- Portugal- orixe: almorzo. Saída cara a lugar de orixe realizando breves paradas no roteiro (xantar por conta do cliente). Chegada a orixe e fin dos nosos servizos.

O paquete inclúe:

  • Autocar durante todo o percorrido
  • Guía acompañante en destino e
    durante todo o percorrido
  • 2 noites en hotel 3* / 4* na Rexión
    do Limia zona Ourense
  • 2 noites en hotel 3* / 4* na Rexión do
    Limia zona Portugal
  • 4 xantares en restaurante
  • Roteiro a cabalo en Lobios con guía
    especializado
  • Visita granxa de cachenas de Olelas
  • Roteiro de sendeirismo Reserva Fluvial do Río Laboreiro con guía especializado
  • Roteiro do megalitismo do Val do Salas en bicicleta
  • Roteiro en Kaiak
  • Visita Aquis Querquennis
  • Visita ao Centro de Interpretación Aquae Querquennae – Vía Nova
  • Visita Ponte de Lima con guía oficial
  • Circuito de pontes nas árbores
  • Roteiro en bicicleta ecovía Ponte de Lima
  • Visita Castelo de Lindoso

SOLICITA ESTE CIRCUITO

¿Queres contratar este circuíto? Contacta connosco e informarémosche sen compromiso.

Scroll ao inicio